Seguridad y eficacia de la trombectomía mecánica mediante stent retrievers en el tratamiento del ictus isquémico agudo.

Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia.

O ictus isquémico agudo supón en España unha importante causa de morbimortalidad, cunha incidencia anual de 118 casos/100 000 habitantes e unha mortalidade de 29 casos por 100 000 habitantes/ano.

Actualmente, o tratamento de elección para o ictus é o activador tisular do plasminóxeno recombinante (rt-PA) por vía intravenosa, administrado dentro das 4,5 horas tras o inicio dos síntomas. Non obstante, este fármaco presenta unha estreita ventá terapéutica e non sempre consegue a recanalización. Debido a iso xorden diversas técnicas de recanalización por vía intraarterial como a trombectomía mecánica mediante o emprego de diversos dispositivos (Merci®, Penumbra®, etc.) cuxa finalidade é eliminar o trombo mediante aspiración, disrupción ou captura/extracción, como unha opción terapéutica en pacientes non candidatos a rtPA ou nos que fracasou.

Co obxectivo de mellorar os resultados clínicos dos seus predecesores, recentemente desenvolvéronse os stents retrievers (SolitaireTM, Trevo® ou ReviveTM).

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.