Este documento realizouse ao amparo do convenio de colaboración suscrito po lo Instituto de Salud Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Economía e Competitividade e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no marco de desenrrolo de actividades da Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS, financiadas por el Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad
A radioterapia é unha parte esencial do tratamento combinado do cancro, cun interese crecente nas últimas décadas polas técnicas que irradian só a porción da mama de maior risco de desenvolver recidivas locais.
A súa filosofía é alcanzar maiores e máis eficaces doses de radiación sen aumentar a incidencia de efectos adversos, xa que as estruturas sensibles desprázanse ou protexen no momento de administrar a radiación.
Entre estas técnicas encóntrase a RIO, que trata de mellorar o control local da enfermidade mediante a administración dunha única dose de radiación ionizante directamente sobre o tumor na cavidade cirúrxica permitindo aumentar a dose e diminuír a toxicidade por menor irradiación dos tecidos sans.