Quen somos?

​Co obxectivo de garantir os dereitos dos cidadáns e contribuir á sustentabilidade financieira do Sistema Público de Saude de Galicia, é imprescindible que a toma de decisións sobre a introdución, difusión e utilización das tecnoloxías sanitarias se realíce da maneira máis obxectiva posible, utilizando criterios de eficacia, efectividade e seguridade demostradas cientificamente.

Neste contexto, a Unidade de Asesoramento Científico-Técnico, Avalia-t, realiza un labor fundamental para promover o desenvolvemento racional das tecnoloxías. É a unidade responsable de avaliar a información científica dispoñible sobre a eficacia, efectividade, seguridade e eficiencia das tecnoloxías sanitarias e valorar o seu impacto sanitario, organizativo, económico e social.

O principal obxectivo da avaliación de tecnoloxías sanitarias é axudar á toma de decisións no ámbito sanitario, achegando información cun alto nivel de calidade científica nunha linguaxe comprensible, a distintos niveis: grupos profesionais, órganos xestores e poboación xeral.

Cales son as función de Avalia-t?

Seleccionar as tecnoloxías sanitarias, novas ou en uso, susceptibles de avaliación, pola súa repercusión.

Deseñar estudos específicos de investigación en avaliación de tecnoloxías.

Promover a investigación especificamente dirixida a obter a información necesaria para a avaliación de tecnoloxías fomentando a colaboración entre as universidades, os centros, unidades de investigación, as empresas e outras institucións.

Analizar e revisar a información científica relacionada coa avaliación das tecnoloxías sanitarias e a súa difusión entre os profesionais e os servizos sanitarios.

Analizar a difusión e os patróns de utilización das tecnoloxías médicas de maior impacto, en termos de saúde ou económicos, no sistema sanitario, principalmente en relación coa súa accesibilidade, demanda potencial e utilización apropiada.

Promover a utilización apropiada das tecnoloxías médicas mediante deseño, elaboración e difusión de guías de práctica clínica, recomendacións e participación na aplicación das tecnoloxías sanitarias, nos distintos enfoques: prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación.

Colaborar e participar asesorando na creación e desenvolvemento de programas de avaliación de tecnoloxías sanitarias, nos diferentes niveis de decisión.

Recomendar o desenvolvemento de sistemas de información dirixidos a obter a documentación necesaria para a avaliación de tecnoloxías.

Contacta connosco

Teléfono: (00 34) 881 548 610

Correo: Avalia_t.acis@sergas.es

Equipo:

Xefatura de servizo:

María José Faraldo Vallés 

Técnicas/os:

Paula Cantero Muñóz

Ignacio José López Loureiro

María del Carmen Maceira Rozas

Ewa Pawlowska Pawlowska

Lucinda Paz Valiñas

Janet Puñal Riobóo

Yolanda Triñanes Pego

Ana María Vázquez Castelo

Documentalistas:

Beatriz Casal Acción

Teresa Mejuto Martí

Secretaría:

Noa Raña Villar

Cristina Rey Varela

Ademais do equipo de traballo, Avalia-t conta cun importante e crecente número de profesionais que colaboran participando en diferentes grupos de traballo como expertos, investigadores asociados, revisores externos ou integrando a Rede de Detección de Tecnoloxías Sanitarias Novas e Emerxentes.​​​​​

​​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.