InnovaSaúde e H2050

Os programas InnovaSaúde e Hospital 2050 (H2050) foron lanzados en 2011 como a iniciativa de compra pública innovadora na área da saúde máis ambiciosa de España ata daquela.

O proceso iniciouse con peticións ao mercado de solucións avanzadas para:
  • Impulsar un sistema de saúde máis seguro, eficiente, intelixente e centrado no paciente.
  • Mellorar os procesos intrahospitalarios.
  • Crear novos servizos capaces de habilitar o desenvolvemento do hospital do futuro.

A través dunha aposta de investimento sen precedentes, acadouse non só un catálogo de novos produtos e servizos que marcarán un salto cualitativo na prestación de servizos de saúde en Galicia, senón tamén oportunidades de comercialización no mercado exterior e o desenvolvemento dunha sofisticada estrutura de apoio a proxectos de innovación que continúa evolucionando.

Micro_1-InnovaSaude-y-H2050_GA_810x173.png

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.