No Boletín
Oficial do Estado (BOE) publicouse
a Orde
CNU/671/2026
de 29 de xuño, pola que se aproban as bases reguladoras para a
concesión de axudas da Axencia Estatal de Investigación (AEI),
establecendo o novo marco normativo que rexerá as futuras
convocatorias do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica
e de Innovación.
O
obxectivo desta Orde é modernizar
o sistema de financiamento da I+D+i en España,
reforzando a excelencia científica, simplificando a xestión
administrativa e aliñando os programas estatais cos principios
do Espazo
Europeo de Investigación (ERA) e
do programa Horizonte
Europa.
O
novo marco regulador introduce unha transformación profunda no
modelo de xestión das axudas públicas á investigación,
incorporando medidas dirixidas a reducir as cargas administrativas
das entidades beneficiarias e a fortalecer a calidade, a
transparencia e a sustentabilidade do sistema científico.
Entre
as principais novidades destacan:
a) Simplificación
da xestión económica,
mediante a incorporación progresiva dos custos simplificados e da
xustificación por módulos, reducindo significativamente a
documentación económico-administrativa asociada aos proxectos.
b) Ciencia
Aberta como requisito estrutural,
consolidando a obrigatoriedade do acceso aberto ás publicacións
científicas, da compartición responsable dos resultados da
investigación e, cando proceda, do software desenvolvido con
financiamento público.
c) Xestión
dos datos de investigación,
establecendo a elaboración e seguimento dos correspondentes Plans
de Xestión de Datos (Data Management Plans - DMP) e
promovendo a aplicación dos principios FAIR
(Findable, Accessible, Interoperable e Reusable).
d) Integridade
científica e ética institucional,
reforzando a implantación de políticas, procedementos e mecanismos
de prevención das malas prácticas científicas, de acordo cos
estándares europeos de integridade na investigación.
e) Carreira
investigadora e desenvolvemento do talento,
impulsando itinerarios profesionais máis estables e coherentes, así
como medidas orientadas á captación, retención e consolidación do
persoal investigador.
f) Igualdade,
inclusión e investigación responsable,
incorporando de maneira transversal a perspectiva de xénero, a
igualdade de oportunidades e a responsabilidade social como elementos
integrantes do novo modelo de financiamento.
A
entrada en vigor desta Orde supón un cambio
estratéxico para universidades, organismos públicos de
investigación, institutos de investigación sanitaria e fundacións
de investigación,
que deberán adaptar progresivamente os seus procedementos internos
aos novos requisitos establecidos pola AEI.
Na
documentación asociada poderá consultarse o texto completo da Orde,
así como material informativo e documentación de apoio.