Guía de Práctica Clínica sobre la atención al parto normal

Esta guía de práctica clínica é unha axuda á toma de decisións na atención sanitaria. Non é de obrigado cumprimento nin substitúe ao xuízo clínico do persoal sanitario.

Esta GPC foi financiada mediante o convenio subscrito polo Instituto de Saúde Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Ciencia e Innovación e a Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias do País Vasco - Osteba, no marco de colaboración previsto no Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde do Ministerio de Sanidade e Política Social.

A guía que se presenta a continuación é a ferramenta de acompañamento da Estratexia de Atención ao Parto Normal no SNS para facilitar a súa implementación por matronas, obstetras, pediatras, enfermaría e demais profesionais implicados na atención ás mulleres no parto.

Esta Guía é o resultado do traballo dun amplo grupo de profesionales,procedentes de diferentes Comunidades Autónomas, que representan ao conxunto de disciplinas implicadas na atención ao parto normal. Tamén participaron, como membros de pleno dereito, mulleres pertencentes a asociacións involucradas en o fomento duns coidados adecuados antes durante e tras o parto.

No proceso derevisión contouse con profesionais de recoñecido prestixio, pertencentes ás Sociedades Científicas implicadas.

As recomendacións que se propoñen nesta guía están baseadas nas mellores evidencias científicas dispoñibles e son unha boa ferramenta para mellorar a atención, facilitar a participación das mulleres no seu parto e apoiar as iniciativas de mellora nos servizos obstétricos dos nosos hospitais.

Temos o convencemento de que a utilización da guía vai contribuír a mellorar a calidade da atención que se presta no parto normal no noso país e vai incrementar a satisfacción tanto de profesionais coma das mulleres e as súas familias

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.