Guía de Práctica Clínica de prevención y tratamiento de la conducta suicida.

Esta GPC é unha axuda á toma de decisións na atención sanitaria. Non é de obrigado cumprimento nin substitúe o xuízo clínico do persoal sanitario.

Esta guía foi financiada mediante o convenio subscrito polo "Instituto de Salud Carlos III", organismo autónomo do "Ministerio de Ciencia e Innovación", e a Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia (avalia-t), no marco de colaboración previsto no "Plan de Calidad para el Sistema Nacional de Salud" do "Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad" en 2012.

No ano 2020 realizóuse unha revisión da guía. O obxectivo deste traballo é determinar se continúan vixentes as recomendacións da Guía de Práctica Clínica de Prevención e Tratamento da Conduta Suicida publicada no ano 2012, e decidir se é necesaria a actualización dalgunha dos súas partes.

Ademais das recomendacións, tamén se revisan a vixencia doutros contidos clínicos relevantes como algoritmos diagnóstico-terapéuticos, información para pacientes, indicadores de calidade e recomendacións de investigación futura.

Os resultados do informe están reflectidos nesta páxina no documento anexo Revisión Guía - 2020.​​​

 O suicidio representa un grave problema de Saúde Pública con ao redor dun millón de mortes anuais en todo o mundo, sendo a décima causa de morte en Europa. En España suicídanse nove persoas ao día, feito de gran repercusión emocional, social e económica no ámbito das persoas falecidas. É por iso de grande importancia a adopción de medidas e o desenvolvemento de estratexias encamiñadas á diminución da conduta suicida como se recolle na Estratexia de Saúde Mental do SNS que contempla entre os seus obxectivos a prevención do suicidio e a avaliación de accións específicas para diminuír táxaas de suicidio en grupos de risco.

O propósito desta GPC é contribuír a reducir a variabilidade da práctica clínica no manexo da conduta suicida, axudando á toma de decisións por parte dos profesionais sanitarios implicados e favorecendo a mellora na saúde e a calidade de vida da poboación.

Pretende ademais mellorar a información de pacientes e familiares favorecendo a súa participación na toma de decisións e mellorar a información de toda a cidadanía de maneira que se logre reducir o estigma asociado a este problema de saúde.

Esta guía é o resultado do grande esforzo realizado por profesionais expertos en metodoloxía e profesionais sanitarios dos distintos ámbitos clínicos relacionados co manexo da conduta suicida, tanto en Atención Primaria coma en Atención Especializada.

Dende avalia-t agradecemos a todos eles o traballo realizado e felicitámoslles por esta GPC que esperamos permita mellorar o trato e a atención sanitaria que reciben estes pacientes.​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.