Evaluación de las intervenciones de cuidados paliativos precoces en cáncer

Os coidados paliativos comprenden a asistencia activa a persoas con eventos graves de saúde que supoñen unha ameaza para a vida. O seu obxectivo é mellorar a calidade de vida de pacientes e familiares. Estas atencións aplícanse ao longo da enfermidade, en todos os niveis asistenciais. Segundo a definición, o acceso temperán podería considerarse inherente a estos coidados, pero na práctica clínica habitual adoitan reservarse para o final da vida. No ámbito da oncoloxía existe unanimidade en canto a que o comezo dos coidados paliativos sexa co diagnóstico da fase avanzada da enfermidade. Porén, tras analizar a evidencia científica dispoñible, este informe conclúe que cos datos dispoñibles actualmente non é posible determinar se a atención paliativa precoz en enfermidades oncolóxicas é máis efectiva que o tratamento oncolóxico estándar (que adoita incluir coidados paliativos ao final da vida). Ademáis, os estudios poñen de manifesto que actualmente non existe un consenso respecto do modelo de provisión de asistencia para as intervencións precoces en coidados paliativos. Os modelos avaliados difiren considerablemente en enfoque, intensidade e duración, e ningún dos estudios incluidos foi desenvolto en España. Considérase de interese a realización dun estudio cualitativo con profesionais, pacientes e familiares que permita analizar a visión, opinións e experiencias da atención paliativa no contexto do Sistema Nacional de Saúde.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.