CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA PROXECTOS DE I+D+I EN LIÑAS ESTRATÉXICAS – TRANSMISIONES 2024
Ao abeiro da Orde CIN/1025/2022, do 27 de outubro (publicada no BOE do 29 de outubro), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas correspondentes a varios programas e subprogramas do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023, apróbase a presente convocatoria de axudas a proxectos de I+D en liñas estratéxicas en colaboración entre organismos de investigación, no marco do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e sua Transferencia.
A iniciativa TransMisiones é unha acción que se executa en colaboración entre o Centro de Desarrollo Tecnolóxico e de Innovación (CDTI) e a Axencia Estatal de Investigación (AEI) pola que se coordina o financiamento a agrupacións de organismos de investigación e de difusión de coñecemento e agrupacións de empresas que colaboran para o desenvolvemento conxunto dunha actuación coordinada de I+D que dé resposta aos desafíos identificados nas prioridades temáticas.
A presente convocatoria, xestionada pola Axencia Estatal de Investigación, financiará os proxectos desenvolvidos en colaboración por agrupacións de organismos de investigación e difusión de coñecementos.
A finalidade desta convocatoria é dar resposta aos desafíos identificados nas oito prioridades temáticas seguintes:
1. Impulso do desenvolvemento dunha industria de fusión española: desenvolvemento de tecnoloxías para avanzar no camiño cara á fusión.
2. Enerxía para o século XXI: impulso aos combustibles avanzados, fontes de enerxía de base biolóxica e combustibles sintéticos desenvoltos a partir de CO2 capturado.
3. Impulso da economía circular -singularmente reciclaxe e valorización- no ámbito de enerxías renovables e almacenamento enerxético
4. Impulso de IoT e edge computing seguros, así como tecnoloxías profundas de natureza transversal vinculadas, para avanzar cara á fábrica autónoma
5. Desenvolvementos para a preservación e usos sustentables en costas e océanos nun contexto de cambio climático, coexistentes con usos tradicionais e actividades emerxentes
6. Impulsar a mellora xenética tanto en variedades vexetais como en especies animais e acuícolas para facelas máis sustentables, eficientes e resilientes ao cambio climático.
7. Impulso de ferramentas inmunolóxicas -vacinas-, tratamentos farmacolóxicos innovadores e tecnoloxías de control, para a prevención e detección dos primeiros signos de enfermidade en animais, así como o seu tratamento, orientado a maximizar a sanidade e o benestar animal.
8. Avanzar na investigación en enfermidades infecciosas e na resistencia antimicrobiana, para contar con ecosistemas de investigación e sistemas sanitarios preparados para diagnosticalas, previlas e tratalas.
Esta convocatoria ten un orzamento total de 110 millóns de euros, dos cales 40 millóns están ligados en forma de subvención á AEI e 70 millóns, tamén en forma de subvención, á CDTI.
O prazo de presentación de solicitudes abarca dende o 23 de maio ata o 21 de xuño de 2024 ás 14:00 horas (hora peninsular española).
No lateral dereito dispoñedes da convocatoria, as fichas resumo e o enlace ás páxinas web das institucions convocantes onde podes consultar todo o referente a esta convocatoria.