Convocatoria de axudas a redes de investigación 2024

No BOE de data 29 de maio de 2024 publicouse o Extracto da Resolución do 27 de maio de 2024, da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria para o ano 2024 das axudas a redes de investigación, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador. BDNS: 762421

O obxectivo destas axudas é incentivar a creación de redes de investigación para promover a complementariedade de capacidades e optimizar os recursos de investigación existentes, xerando sinerxías entre grupos de investigación de distintas institucións. As actividades científico-técnicas ás que van dirixidas estas redes teñen que demostrar o seu valor engadido en base á consecución de obxectivos comúns e compartidos e a realización de actividades que non poderían financiarse a través doutros instrumentos.
As axudas financiarán as actividades para a creación e desenvolvemento de redes de grupos de investigación en tres modalidades:
 
a) Modalidade Redes Temáticas: encamiñadas a fomentar a colaboración, coordinación e creación de sinerxias e complementariedade entre grupos de investigación financiados en convocatorias anteriores de proxectos do Plan Estatal de I+D+i, así como incrementar o impacto dos resultados de investigación obtidos en ditos proxectos.
 
b) Modalidade Redes ICTS: encamiñadas a fomentar a coordinación interna  e as actividades das redes de ICTS.
 
c) Modalidade Redes Estratéxicas: encamiñadas a contribuír á xestión e á coordinación nacional de iniciativas estratéxicas de I+D+i nacionais ou internacionais como:
  • Alianzas de I+D+i recoñecidas como tales polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
  • Consorcios Europeos de Infraestruturas (ERIC).
  • Asociacións ou agrupacións de investigadores ou grupos de investigadores/as que abrangen unha representación significativa dunha determinada área, disciplina ou segmento da comunidade investigadora, coa finalidade de elaborar estratexias, follas de roteiro ou propostas de interese estratéxico que permitan asesorar ás autoridades políticas (NOVA en REDES 2024).
  • Agrupacións de grupos de investigación que participen en actividades conxuntas en grandes infraestruturas ou organizacións de carácter internacional coa finalidade de facilitar e promover unha participación española relevante na mesma (NOVA en REDES 2024)
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 12 de xuño de 2024 e finaliza o día 2 de xullo de 2024 ás 14:00 horas (hora galega).
 
No lateral dereito dispoñedes a convocatoria, o extracto da convocatoria e as fichas resumo da mesma.
 
Na parte inferior dispoñedes dun pequeno vídeo resumo da convocatoria.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.