Convocatoria 2022 Proxectos de Innovación en Medicina Personalizada e Terapias Avanzadas

O Ministerio de Ciencia e Innovación abriu a fase de expresións de interese previa á Convocatoria 2022 de Proxectos de Innovación en Medicina Personalizada e Terapias Avanzadas, que forma parte do PERTE para a Saúde de Vangarda e estará xestionada polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) e o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII).


O obxectivo destas axudas é coordinar as capacidades científicas e empresariais para lograr un avance máis rápido no desenvolvemento de produtos de diagnóstico clínico para medicina personalizada e medicamentos estratéxicos emerxentes e orientar os esforzos investigadores e innovadores no ámbito da colaboración público-privada.


A convocatoria busca apoiar proxectos de innovación en medicina personalizada e terapias avanzadas no ámbito da saúde cara aos seguintes retos:


-Diagnóstico precoz e máis preciso.

-Tratamentos innovadores e personalizados.

-Mellora do seguimento e a rehabilitación das enfermidades crónicas.


Duración: 2 anos (01/01/23 a 31/12/24)


Intensidades de axuda:


-Para os centros e organismos de investigación concederanse subvencións de ata o 100% dos gastos elexibles e non existe un orzamento mínimo.


-Para as empresas concederanse axudas parcialmente reembolsables de ata o 90% do orzamento elexible, cun tramo non reembolsable do 33% da axuda. O tipo de interese do tramo reembolsable será Euribor a un ano, fixado no momento da concesión da axuda. O orzamento mínimo por empresa será de 175.000€.


Fases da convocatoria:


Fase 1: expresións de interese. Presentación de proxectos conxuntos entre empresas e organismos e centros de investigación do Sistema Nacional de Saúde. A participación nesta fase é requisito indispensable para poder acceder á fase posterior de solicitude de financiamento.


Prazo de Presentación de expresión de interese: do 23 de setembro ata o fin de prazo da presentación das solicitudes de axuda ás entidades financiadoras.


Fase 2: solicitude de axudas. Aínda que se trata de proxectos en colaboración, o financiamento concederase de maneira separada a cada beneficiario, en procedementos distintos por parte do CDTI e do ISCIII.


No lateral dereito dispoñedes de acceso a máis información e na parte inferior dispoñedes dun pequeno vídeo resumo da convocatoria.


Publicado no BOE do 29 de setembro de 2022 o EXTRACTO DA CONVOCATORIA


O prazo de xeración e presentación das solicitudes e da restante documentación necesaria iniciase o 6 de outubro de 2022 e finaliza ás 15:00 horas, hora peninsular, do 26 de outubro de 2022

​​​​​​​​​​​​​​​​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.