¿Cómo mejorar la práctica clínica de la depresión?. una aproximación cualitativa.

Este documento realizouse ao amparo do convenio de colaboración suscrito polo "Instituto de Salud Carlos III", organismo autónomo do "Ministerio de Economía y Competitividad" e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no marco de desenrolo de actividades da "Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS", financiadas polo "Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad".

É de suma importancia coñecer como os pacientes entenden a depresión e como valoran a atención recibida, xa que a percepción sobre o trastorno e sobre os servizos de saúde inflúe en boa medida no seu acceso e relación co sistema sanitario. Ademais, o manexo clínico da depresión está influenciado, entre outros factores, polas actitudes dos profesionais implicados. É por iso de grande interese contar con esta información, así como coñecer as barreiras e facilitadores para a adopción das recomendacións baseadas na evidencia propostas nas guías de práctica clínica (GPC). A aproximación cualitativa pode achegar información interesante sobre estes aspectos, tendo en conta que hai factores que dificilmente poden ser avaliados mediante investigación cuantitativa.

O obxectivo xeral deste traballo é pois coñecer as perspectivas dos pacientes, familiares e profesionais sobre a depresión e o seu manexo clínico. Del tradúcense, en termos de investigación, os seguintes obxectivos específicos: analizar a vivencia da depresión e o proceso asistencial dende o punto de vista do paciente e das súas familias, así como dos profesionais; coñecer de primeira man as expectativas do paciente nos diferentes momentos do proceso e identificar tanto os puntos fortes, coma as principais áreas de mellora.

Documentos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.