Centro Español para os Coidados de Saúde baseados na Evidencia (CECBE)

   
O CECBE (Centro Español para os Coidados de Saúde baseados na Evidencia do Instituto Joanna Briggs) é a unidade de Investén que promove a evidencia en coidados mediante a formación, investigación, difusión de resultados e implantación da evidencia na práctica clínica.
 
 
 
A ACIS (Axencia Galega para o Coñecemento en Saúde), a través da Área de Dirección de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria está integrada no CECBE como membro do Comité de Seguimento deste organismo.
 
As actividades formativas do CECBE, ademais de promocionar o desenvolvemento profesional do persoal sanitario implicado en coidados de saúde, constitúen un sólido punto de partida para a presentación de candidaturas ao Programa "Centros Comprometidos con la Excelencia en Cuidados", que recoñece e acredita aqueles centros sanitarios implicados na implementación, avaliación e mantemento de guías de boas prácticas en coidados.

 
Actualmente están certificados dous centros en Galicia: a Área Sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos e a Área Sanitaria da Coruña e Cee.

 
 O noso obxectivo é que esta rede de Centros Comprometidos coa Excelencia en Coidados alcance so seu máximo desenvolvemento nos nosos centros e motive a participar a todas aquelas Unidades de Coidados da rede do Sergas que coa súa profesionalidade e dedicación constituen un dos pilares da atención sanitaria na Comunidade Autónoma.

 
Para máis información, fai clic AQUÍ
 
 
 
Os contactos serán os membros do Comité Científico do CECBE en Galicia:
 
  • Ana García Fernández (Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés)
  •  
  • Miriam Vázquez Campo (Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras)
Mail de contacto: ACIS.Cuibe@sergas.es
 


​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.