A iniciativa Interreg Volunteer Youth (IVY), promovida pola Unión Europea e a Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), é un programa que permite a entidades e proxectos de Cooperación Territorial Europea acoller a voluntarios para apoiar a cooperación.
A ACIS tivo a oportunidade de realizar colaboracións no marco deste programa nos proxectos Interreg TransfireSaúde, Innov4life, HERCULES e CEMTex dando a oportunidade a mozas de achegar un valor engadido a estes proxectos en diferentes ámbitos e ofrecéndolles un primeiro achegamento ao que son os proxectos europeos.