A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde organiza un encontro transfronteirizo para desenvolver un plan de acción no eido da Medicina Personalizada e do envellecemento activo no marco do proxecto TRANSFIRESAÚDE

 

  • TRANSFIRESAÚDE persegue a creación dunha rede de cooperación territorial no eido do ecosistema de innovación, e conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros financiados nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2024.- A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, que coordina o proxecto TransfireSaúde, organizou unha xornada de debate transfronteirizo e intercambio de ideas sobre a Medicina Personalizada de Precisión (MPP), así como sobre o Envellecemento Activo e Saudable (EAS), xuntos aos socios portugueses.

O obxectivo do Grupo de Traballo Transfronteirizo (GTT) foi definir accións que poidan ser incluídas no Plan de Acción de TransfireSaúde e que impulsen a investigación colaborativa en Medicina Personalizada e de Precisión e Envellecemento Activo e Saudable, que poderán desenvolverse en Galicia, Rexión Norte de Portugal ou conxuntamente en ambas as rexións.

O propósito central do taller transfronteirizo foi por tanto contribuír ao desenvolvemento do Plan de Acción mediante a mellora do acceso dos pacientes e da formación dos profesionais de MPP e a integración efectiva dos sectores público, privado e social de EAS, tanto en Galicia como na Rexión Norte de Portugal.

Previamente a este taller, nos últimos meses realizáronse independentemente outros dous, un na rexión de Galicia e outro na rexión Norte de Portugal, polo que neste taller transfronteirizo puxéronse en común as accións e necesidades de ambas as rexións para analizar a súa viabilidade de desenvolvemento.

O grupo de Medicina Personalizada e de Precisión, moderado por María Jesús Barrada, volveu tratar os temas de “Acceso dos pacientes á MPP” e a “Formación de profesionais sanitarios sobre MPP”. O grupo estivo formado por:

  • Eva Póveda López, Directora Científica, IIS GaliciaSur
  • Ignacio López Loureiro, Técnico da Unidade Avalia – T, doutor en bioloxía
  • M.ª Soledad Otero Piñeiro, Investigadora, Grupo de Medicina Xenómica
  • Henrique Almeida, Médico especialista en Xinecología e Obstetricia, Hospital CUF Porto
  • Hugo Prazeres, Transferencia de Tecnoloxías, i3S Instituto de Investigação e Inovação em Saúde
  • Nadine Correia Santos, Investigadora do Instituto de Investigação em Ciências da Vida e Saúde (ICVS) e do Centro de Medicina Digital P5 da EM/UMinho
  • Pilar Morgade Saavedra, Directora da Área de Planificación da Investigación Sanitaria da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)

O grupo de envellecemento activo e saudable, moderado por Adela Farré, tratou de novo as temáticas “Aprender a Envellecer” e “Interface sistema de saúde/coidado domiciliario” e conformárono:

  • Manuel Portera Romero, Médico de Familia, SERGAS
  • Yolanda Triñanes Pego, Doutora en Psicoloxía, Avalia – T
  • Xermán Bugallo Sanz,  Médico Preventivista,  Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Coordinador REGAPS
  • Claudia Bulhões, Médica especialista en Medicina General, ULS-Braga
  • Carlos Valéiro, Médico, Secretario de la Santa Casa da Misericórdia de Braga (SCMB), Departamento de Salud y Relaciones Exteriores
  • Ana Novo, Xerontóloga, Xerente Centro Colibrí
  • José María Romero, Director da área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)

Este Plan de Acción facilitará o fomento da investigación colaborativa en Medicina Personalizada e Precisión (MPP) e Envellecemento Activo e Saudable (EAS), así como a implementación de estratexias de MPP e EAS nos sistemas de saúde de Galicia e o Norte de Portugal.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.