A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde organiza un encontro para identificar propostas de mellora no eido da Medicina Personalizada e do envellecemento activo no marco do proxecto TRANSFIRESAÚDE

 
  • TRANSFIRESAÚDE persegue a creación dunha rede de cooperación territorial no eido do ecosistema de innovación, e conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros financiados nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
 
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024.- A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, coordinadores do proxecto TransfireSaúde, levou a cabo unha xornada de debate e intercambio de opinións dentro dos temas da Medicina Personalizada e de Precisión e do Envellecemento Activo e Saudable.
 
O taller está enmarcado dentro da actividade “Integración do Ecosistema de investigación en Saúde Transfronteirizo”. O obxectivo do taller era identificar necesidades do sistema de saúde de Galicia para potenciar o uso da Medicina Personalizada e de Precisión en beneficio dos seus pacientes e desenvolver estratexias efectivas de envellecemento activo e saudable, así como realizar propostas para abordar as devanditas necesidades, que poidan recollerse nun Plan de Acción que xerará o proxecto TransfireSaúde. Por tanto, búscanse identificar aquelas necesidades ás que poida darse resposta desde o ámbito competencial das institucións de Galicia e do seu ecosistema de I+D+i.
 
Para iso, contouse coa participación de responsables públicos de nivel rexional, gobernos locais, universidades, centros de investigación, hospitais, asociacións e empresas relevantes do sector sanitario para que cada un deles puidese achegar o seu punto de vista. Para facilitar a operativa do debate, os retos abordáronse en dous grupos de diálogo:
 
O grupo de Medicina Personalizada de Precisión (MPP) tratou por unha banda o tema “Acceso dos pacientes á MPP” e por outra a “Formación de profesionais sanitarios sobre MPP”. O grupo moderado por Silvia María Díaz Prado (Grupo de Terapia Celular e Medicina Rexenerativa do INIBIC) e Mónica Martínez Fernández (Grupo Oncoloxía Molecular Traslacional do IIS Galicia Sur), o conforman:
  • Pilar Rodríguez Ledo, Coordinadora do Nodo de innovación del área sanitaria de Lugo e médico de família
  • Eva Póveda López, Directora Científica IIS GaliciaSur
  • Ignacio López Loureiro, Técnico da Unidade Avalia t, Doutor en bioloxía
  • Mario Mosquera Verea, Director da Área Coñecemento da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
  • José María Prieto González, Neurólogo no Hospital Clínico de Santiago de Compostela
  • María Soledad Otero Piñeiro, Investigadora do Grupo de Medicina Xenómica
  • Pilar Morgade Saavedra, Directora da Área de Planificación da Investigación Sanitaria da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
No grupo de envellecemento activo e saudable tratáronse os temas “Aprender a envellecer” e “Interface sistema de saúde/coidado domiciliario”. O grupo moderado por José Carlos Millán (GI Xerontoloxía e Xeriatría do INIBIC) e Manuel Gandoy Crego (GI Dependencia, Xerontoloxía e Xeriatría da Universidade de Santiago de Compostela), o conforman:
  • Carmen García Mateo, Grupo Tecnoloxías Multimedia, AtlanTTic
  • Miguel Adriano Sánchez Lastra, Investigador IIS Galicia Sur
  • Nieves Freire Barea , asistente de coordinación de ITGALL do Clúster de Saúde de Galicia
  • Manuel Portela Romero, Médico de familia CS Concepción Areal Santiago de Compostela
  • Yolanda Triñanes Pego, Avalia t, doutora en psicoloxía
  • Xermán Bugallo Sanz, médico preventivista, Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade
  • José María Romero Fidalgo, Director da Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Dito Plan de Acción axudará no impulso da investigación colaborativa en MPP e EAS, e na implementación de MPP e estratexias para o EAS nos sistemas de saúde de Galicia e Norte de Portugal. Está prevista nos próximos meses a celebración por parte dos socios portugueses doutro taller de debate seguindo a mesma dinámica para así coñecer o mapa de necesidades do Norte de Portugal.
Contidos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.