Os obxectivos principais deste informe son avaliar os resultados clínicos, a satisfacción/aceptabilidade do paciente con insuficiencia cardíaca, así como a do personal sanitario que usa a telemonitorización de presións pulmonares no manexo da insuficiencia cardíaca. Segundo os estudios clínicos, estos dispositivos non presentan importantes problemas de seguridade e reducen a frecuencia de hospitalizacións, aínda que esto finalmente non se traduce nunha redución da mortalidade nos pacientes. Ademáis, disponse de pouca información sobre a calidade de vida dos pacientes usuarios destos dispositivos ou a aceptabilidade/satisfación destos e os clínicos encargados do seu manexo.