As arritmias son alteracións cardíacas cuxo diagnóstico realízase mediante a análise dun electrocardiograma (ECG). Os dispositivos subcutáneos insertables permiten monitorizar o ECG durante varios anos, axudando a rexistrar e diagnosticar arritmias paroxísticas. Non obstante, estes dispositivos xeran falsos positivos (FP) que deben ser descartados polo persoal clínico. A revisión da literatura mostra que a intelixencia artificial (IA) podería reducir os FP detectados. Sen embargo, o corpo de evidencia compónse de poucos estudos e cun elevado risco de sesgo. Así mesmo, o impacto da IA está ligado á capacidade diagnóstica dos dispositivos insertables e non pode ser evaluado por separado.