A avaliación da tecnoloxía de cromatografía líquida axustada á espectrometría de masas en tándem (LC-MS/MS) para a análise clínica de hormonas sexuais e metanefrinas, en comparanza coas probas de referencia, como os inmunoensaios, só localizou evidencia na determinación de testosterona en poboación masculina con cancro de próstata e terapia de privación de andróxenos e na determinación de metanefrinas en pacientes con feocromocitoma/paraganglioma. En ambas as poboacións, esta evidencia é limitada e incerta para determinar se a súa utilidade clínica é superior ás probas de referencia actuais, debido á baixa calidade dos estudos localizados.