Programa InTrES

 
Programa para o Impulso de Actividades de fomento da Investigación traslacional de Excelencia en Saúde de Galicia

No marco do Programa InTrES, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) formaliza novos  convenios de colaboración para o período 2024-2026 coas tres Fundacións de Investigación sanitaria do Sistema Público de Saúde de Galicia:

  • Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS).
  • Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC (FINIBIC).
  • Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur (FPGIBGS).

Programa InTrES constitúese como instrumento estable de apoio á investigación traslacional de excelencia, orientado a reforzar a coaboración entre os axentes do ecosistema galego de I+D+i en saúde, favorecer a transferencia temperá de coñecemento e impulsar a xeración de innovación con impacto real na práctica clínica e na saúde da cidadanía. 

O programa alíñase coas prioridades da RIS3 Galicia 2021-2027, co Plan Galego de Investigación e Innovación, e coa estratexia da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde de promover un modelo de investigación traslacional, integrado e orientado ás necesidades das persoas.

Obxectivos e liñas de actuación

As actuacións desenvolvidas no marco do Programa InTrES estrutúranse arredor das seguintes liñas estratéxicas:
  • Incrementar a cultura científica, tecnolóxica e innovadora dos principais axentes do ecosistema galego de I+D+i en saúde.
  • Impulsar a difusión dos resultados da investigación científico-técnica e da innovación financiados con fondos públicos.
  • Mellorar a educación científico-técnica da sociedade, favorecendo unha comprensión máis ampla do valor da investigación en saúde.
  • Colaborar na profesionalización da divulgación científica e apoiar o establecemento de sinerxías e aproveitamento e no establecemento de sinerxias e aproveitamento de recursos entre  os axentes do sistema de coñecemento en Saúde.
Orzamento e período de execución

Os convenios do Programa InTrES 2024-2026 contan cun orzamento global aproximado de 639.000 euros, financiado pola ACIS e distribuído en tres anualidades entrere 2024 e 2026, de acordo cos respectivos convenios asinados con cada fundación.
As actuacións desenvolveranse durante o período 2024-2026, cun seguimento técnico e económico anual, garantindo a correcta execución das actividades e a avaliación dos resultados acadados.

A continuación dispoñedes dun vídeo-resumo sobre este Programa, e na caixa lateral dereita das fichas-resumo e dos tres Convenios correspondentes a cada unha das Fundacións galegas.
 

​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.