No
B.O.E. de data 10 de marzo de 2023 publicouse a Resolución do 15 de
febreiro da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación pola que
se aproba a convocatoria correspondente o ano 2023, para a obtención
do certificado R3 como investigador/a establecido/a, conforme ao
previsto na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a
Innovación.
A
finalidade desta actuación é
valorar a carreira dos
investigadores/as nacionais e estranxeiros/as no marco dun itinerario
posdoutoral
de acceso ao Sistema Español de Ciencia Tecnoloxía e Innovación,
de maneira que iso permita recoñecer a súa calidade e independencia
investigadora e, cumprindo co perfil europeo de investigador
establecido (R3), a obtención da certificación R3 como
investigador/a establecido/a.
O
certificado R3 como investigador/a establecido/a será recoñecido
nos procesos selectivos de persoal de novo ingreso estable que sexan
convocados polas universidades, polos OPIs e outros organismos da
AGE, polos organismos de investigación doutras Administracións.
O
prazo de presentación de solicitudes é dende o 20 de
marzo ata o 13 de abril
de 2023 ás 14 horas( hora peninsular
española).
No
lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución e as fichas
resumo da convocatoria.