Un biobanco é un establecemento público ou privado sen ánimo de lucro que acolle unha colección de mostras biolóxicas concibida con fins diagnósticos ou de investigación biomédica e organizada como unha unidade técnica baixo criterios de calidade, orde e destino.
Estas mostras, unha vez recollidas, procesadas, almacenadas e xestionadas, póñense a disposición dos investigadores para o seu uso na obtención de novos coñecementos científicos. O seu funcionamento regúlase no
Real Decreto 1716/2011, do 18 de novembro.
En Galicia existen catro biobancos adscritos ao Sergas, todos eles
inscritos no Rexistro Nacional de Biobancos. Están situados en
Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Lugo.