- A reunión contou coa presenza de destacados representantes do sector médico e téxtil, como o Clúster Saúde de Galicia e empresas privadas.
- O obxectivo da xornada foi xerar un espazo de colaboración entre os asistentes, onde se debateron solucións innovadoras para a reutilización e a reciclaxe de téxtiles médicos, promovendo a economía circular no ámbito sanitario.
- O evento tamén serviu para compartir os avances logrados no primeiro ano do proxecto CEMTex que conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros e 4 anos de duración.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026.- O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) e GALARIA EPSS celebraron no día de onte a segunda reunión do proxecto CEMTex, unha iniciativa europea de Interreg Europe que reúne aos principais actores do sector para abordar a sustentabilidade e a economía circular nos téxtiles médicos. O evento, que tivo lugar no salón de actos da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), serviu para informar sobre o progreso do proxecto e as actividades que se desenvolverán nos próximos meses, ademais de realizar un workshop enfocado no deseño de bata cirúrxica do futuro.
O proxecto CEMTex comezou en maio de 2025 e estenderase ata 2029, ten como obxectivo pechar o ciclo dos téxtiles médicos, aplicando os principios da economía circular para reducir o impacto ambiental. O proxecto conta coa participación da provincia de Gelderland (Países Baixos) como coordinadora, xunto socios de Dinamarca, Italia, Romanía, Luxemburgo, República Checa e Ucraína. O SERGAS a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde é o único representantes español neste proxecto europeo.
A reunión contou coa presenza de destacados representantes do sector sanitario e téxtil. Entre eles, José Ramón Parada, xerente do SERGAS; Antonio Fernández-Campa e José María Romero, xerente e director da área de Desenvolvemento e Innovación sanitaria por parte da ACIS; Rocío Mosquera e Beatriz Piñeiro, xerente de GALARIA e coordinadora de economía circular respectivamente. Así mesmo, participaron actores crave como o Cluster de Saúde Galicia, o director da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o director comercial de DNT Protection e dous integrantes da Escola de deseño e moda.
O obxectivo principal da xornada foi revisar os avances e resultados obtidos durante o primeiro ano de CEMTex, ao mesmo tempo que explorar novas ideas para o deseño dunha bata cirúrxica máis sostible. A proposta dun deseño innovador busca minimizar a xeración de refugallos e a utilización de materiais contaminantes, contribuíndo á redución de téxtiles dun só uso nos hospitais e centros de saúde.
O workshop permitiu xerar un espazo de colaboración entre todos os asistentes para pensar en solucións innovadoras (tecnolóxicas) que fomenten a reutilización e a reciclaxe dos téxtiles médicos; unha área crave dentro dos esforzos por avanzar cara a unha economía máis circular no ámbito sanitario.
CEMTex segue sendo unha das iniciativas máis relevantes para mellorar a sustentabilidade dos téxtiles médicos, un paso importante para a redución da pegada de carbono da industria sanitaria, con especial énfase na reutilización de materiais e a diminución de residuos na práctica médica.