DIPLOMADO EN SAÚDE PÚBLICA

De acordo co establecido na Resolución de 29 de xullo de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia, núm: 150, do 07 de agosto de 2025 pola que se convoca o Curso de Diplomado en Saúde Pública, e unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes e tras o proceso de valoración das reclamacións presentadas, conforme ao publicado na convocatoria, publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e reservas.​

Os/as alumnos/as admitidos/as farán o pago do importe de matrícula íntegro do curso, sendo a data de finalización do mesmo o 17 de outubro, realizando o oportuno ingreso ou transferencia bancaria no n.º de Conta Corrente da ACIS ES04 0182 5947 1100 1011 1001, consignando no concepto o nome e DNI do alumno/a e anexando posteriormente o comprobante da mesma á ligazón habilitada para ese efecto nas páxinas web.

A falta de formalización da matrícula en tempo supoñerá a exclusión do alumno/a do curso, asignándoselle ao seguinte na lista de reserva. Este/a novo/a alumno/a deberá formalizar a súa matrícula antes do 31 de outubro.

En caso de renuncia á praza, procederase á devolución íntegra do importe da matrícula aboada cando aquela teña lugar antes do día 17 de outubro, asignándose a praza ao seguinte na lista de reserva. Este/a novo/a alumno/a deberá formalizar a súa matrícula antes do 31 de outubro. A renuncia realizada con posterioridade a citada data conleva a perda do dereito a devolución da matrícula.

Máis información premendo no seguinte enlace: https://escolasaudepublica.sergas.gal/es/escola/diplomado-en-salud-publica






Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.