De acordo co
establecido na Resolución
de 29 de xullo de 2025,
publicada no Diario
Oficial de Galicia,
núm: 150, do 07 de agosto de 2025
pola que se convoca o Curso
de Diplomado en Saúde Pública,
e unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes e tras
o proceso de valoración das reclamacións
presentadas, conforme ao
publicado na convocatoria, publícase a listaxe
definitiva
de persoas admitidas e reservas.
Os/as
alumnos/as admitidos/as farán o pago
do importe de matrícula íntegro
do curso, sendo a data
de finalización do
mesmo o 17 de outubro,
realizando o oportuno ingreso ou transferencia bancaria no n.º
de Conta Corrente da
ACIS ES04 0182 5947
1100 1011 1001,
consignando no concepto o nome e DNI do alumno/a e anexando
posteriormente o comprobante da mesma á ligazón habilitada para ese
efecto nas páxinas web.
A falta de
formalización da matrícula en tempo supoñerá a exclusión do
alumno/a do curso, asignándoselle ao seguinte na lista de reserva.
Este/a novo/a alumno/a deberá formalizar a súa matrícula antes do
31 de outubro.
En caso de
renuncia á praza, procederase á devolución íntegra do importe da
matrícula aboada cando aquela teña lugar antes do día 17 de
outubro, asignándose a praza ao seguinte na lista de reserva. Este/a
novo/a alumno/a deberá formalizar a súa matrícula antes do 31 de
outubro. A renuncia realizada con posterioridade a citada data
conleva a perda do dereito a devolución da matrícula.
Máis
información premendo no seguinte enlace:
https://escolasaudepublica.sergas.gal/es/escola/diplomado-en-salud-publica