Interferón-γ release assays (IGRAs) en el diagnóstico de la infección y enfermedad tuberculosa [recurso electrónico].

Este documento se ha realizado en el marco de colaboración previsto en el Plan de Calidad para el Sistema Nacional de Salud elaborado por el Ministerio de Sanidad y Política Social, al amparo del convenio de colaboración suscrito por el Instituto de Salud Carlos III, organismo autónomo del Ministerio de Ciencia e Innovación y la Fundación Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.

​Actualmente a Proba da Tuberculina (PT) segue sendo a proba de elección para o diagnóstico da infección tuberculosa (IT), a pesar de presentar numerosas limitacións.

Recentemente apareceron dous novos test coñecidos de forma xenérica como Interferon- release assays (IGRAs). En principio estes test superarían as limitacións da PT xa que empregan outros antíxenos e a interpretación dos resultados é máis obxectiva xa que son test in vitro nos que se realizan determinacións cuantitativas. Non obstante, algúns autores indicaron que os IGRAs poden presentar resultados falsos positivos en suxeitos expostos a MNT e resultados falsos negativos en suxeitos inmunodeprimidos, aínda que é menos frecuente que coa PT.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.