Demostradores e casos de uso de Espazos de Datos
A Subdirección Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información xunto coa área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza do Servizo Galego de Saúde a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) lidera o proxecto ImageDataSpace para a creación espazo de datos para a investigación e desenvolvemento de novos produtos basados en imaxe médica. Enmárcase no Plan de recuperación, transformación e resiliencia‑Next Generation EU (Programa Espazos de Datos Sectoriais) na convocatoria de 2024 para a concesión de axudas, no ámbito da dixitalización, para a transformación dixital dos sectores produtivos estratéxicos mediante a creación de demostradores e casos de uso de Espazos de Compartición de Datos.
O proxecto xorde da necesidade de aproveitar o vasto potencial que ofrecen as imaxes médicas dixitais para mellorar a atención sanitaria e fomentar a innovación en saúde en España. Así, ImageDataSpace creará un espazo de datos federado especializado en imaxes médicas, que permitirá o desenvolvemento e validación de novos produtos (modelos de intelixencia artificial ou sistemas de axuda á decisión) sen comprometer a privacidade nin a seguridade dos datos clínicos.
Orzamento: 445.938 €