Efectividade clínica do cribado neonatal dos erros conxénitos do metabolismo mediante espectrometría de masas en tándem. Revisión sistemática.

Este documento realizouse ao abeiro do convenio de colaboración subscrito polo Instituto de Saúde Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Economía e Competitividade, e a Fundación Profesor Novoa Santos, no marco do desenvolvemento de actividades da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías e Prestacións do SNS, financiadas polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. ​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.