Convocatoria de axudas a Redes de investigación 2026

No B.O.E. de data 2 de xuño de 2026 publicouse o Extracto da Resolución do 29 de maio de 2026, da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria para o ano 2026 das axudas a Redes de investigación, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS:905822 

O obxectivo destas axudas é incentivar a creación de redes de investigación para promover a complementariedade de capacidades e optimizar os recursos de investigación existentes, xerando sinerxias entre grupos de investigación de distintas institucións. As actividades científico-técnicas ás que van dirixidas estas redes teñen que demostrar o seu valor engadido en base á consecución de obxectivos comúns e compartidos e a realización de actividades que non poderían financiarse a través doutros instrumentos.

As axudas financiarán as actividades para a creación e desenvolvemento de redes de grupos de investigación en catro modalidades: 
 
a) Modalidade Redes Temáticas: encamiñadas a fomentar a colaboración, coordinación e creación de sinerxias e complementariedade entre grupos de investigación financiados en convocatorias anteriores de proxectos do Plan Estatal de I+D+i, así como incrementar o impacto dos resultados de investigación obtidos en ditos proxectos.

b) Modalidade Redes ICTS: encamiñadas a fomentar a coordinación interna  e as actividades das redes de ICTS.
 
c) Modalidade Redes Estratéxicas: encamiñadas a contribuír á xestión e á coordinación nacional de iniciativas estratéxicas de I+D+i nacionais ou internacionais.

d) Modalidade Redes para Plans Complementarios: encamiñadas a planificar actividades futuras no marco da coordinación entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Os plans complementarios inclúen entre outras a área de biotecnoloxia aplicada á saúde.

A contía máxima destinada a financiar esta convocatoria é de 6.600.000,00 euros.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 10 de xuño de 2026 e finaliza o día 1 de xullo de 2026 ás 14:00 horas (hora peninsular española). 

No lateral dereito dispoñedes  da Convocatoria, extracto da covocatoria e a fichas resumo da mesma.​




Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.