No BOE de data 31 de outubro de 2025 publicouse o Extracto da Resolución do 29 de outubro de 2025 pola que se aproba convocatoria 2025 de axudas a «Proxectos de Xeración de Coñecemento» e a actuacións para a formación de persoal investigador de predoutoramento, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS: 857444
A convocatoria ten por obxecto financiar a realización de proxectos de investigación dirixidos tanto a fomentar a xeración e o avance significativo do coñecemento científico e a investigación da calidade contrastada como a avanzar cara a busca de solucións aos desafíos da sociedade.
Existen dúas modalidades de proxectos:
- Proxectos de «Investigación Non Orientada», sen orientación temática previamente definida, e teñen como obxectivo primordial o avance do coñecemento, independentemente do horizonte temporal e o seu ámbito de aplicación
- Proxectos de «Investigación Orientada», que perseguen a resolución de problemas concretos e vinculados ás prioridades temáticas asociadas aos grandes desafíos da sociedade, que se recollen no anexo III.
Dentro das modalidades indicadas, os proxectos poderán ser de dous tipos, dependendo do perfil de investigador/a principal que lidere o equipo de investigación:
a) Proxectos tipo A, liderados por mozos investigadores/as con contribucións científico-técnicas relevantes e innovadoras e capacidade de liderado.
b) Proxectos tipo B, liderados por investigadores/as consolidados/as.
Así mesmo, poderanse financiar actuacións encamiñadas á formación de persoal investigador de predoutoramento mediante a realización dunha tese de doutaremento asociada aos proxectos de investigación mencionados.
Entre a finalidade ou obxectivos específicos desta convocatoria atopamos: xerar capacidades de investigación e a colaboración e internacionalización dos equipos que traballan en organismos de investigación, publicar os resultados da investigación en foros de alto impacto científico e tecnolóxico, a transferencia da tecnoloxía, a internacionalización das actividades e fomentar esquemas de cooperación científica mais potentes.
A contía total máxima destas axudas é de 700.000.000 euros
O prazo de presentación das solicitudes vai dende o 20 de novembro de 2025 ata o 16 de decembro de 2025 ás 14:00 horas (hora peninsular).
A continuación dispoñedes dun pequeno vídeo-resumo e no lateral dereito as fichas resumo, a resolución e o extracto da convocatoria