Convocatoria de Axudas Ramón e Cajal 2026

​


No BOE de data 26 de setembro de 2026 publicouse o Extracto da Resolución de 25 de setembro de 2026 da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria 2026 das axudas Ramón y Cajal, no marco do Programa Estatal de Recursos Humanos, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2024-2027. O texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS: 918641


A finalidade destas axudas é promover a incorporación e retención en organismos do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e de Innovación de persoal investigador, tanto español como estranxeiro, cunha traxectoria destacada co fin de que adquiran as competencias e capacidades que lles permitan obter un posto de carácter estable nun organismo de investigación, facilitando o inicio dunha liña de investigación mediante o financiamento dun proxecto propio de I+D+i e incentivando a creación de prazas de carácter permanente nas institucións de adscrición.


Así mesmo, preténdese incentivar a participación das persoas que obteñan unha axuda ao amparo do programa Ramón e Cajal nas convocatorias do Consello Europeo de Investigación (ERC).

Permitirase a obtención automática do certificado R3 como investigador/a establecido/a, conforme ao previsto no artigo 22.2 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.


En canto a contía máxima, esta ascende aos 240.000.000,00 de euros.


O prazo de presentación vai dende o 10 de novembro ata o 10 de decembro de 2026 ás 14:00 horas. 

As solicitudes de participación as presentaran os centros de I+D e as persoas candidatas respectivamente, de confirmidade co procedemento que se describe no artigo 12 da convocatoria



No lateral dereito dispoñedes da Resolución, o extracto e as fichas resumo da convocatoria.


Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.