Convocatoria de Axudas para a Incorporación de Talento Consolidado Programa ATRAE 2025


No BOE de data 15 de abril de 2025 publicouse o Extracto da Resolución de 11 de abril de 2025 da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria 2025 das axudas para incentivar a incorporación de talento consolidado «Programa ATRAE». O texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS: :819101

A finalidade destas axudas é facilitar a incorporación de talento investigador consolidado, de recoñecido prestixio internacional e que desenvolvese recentemente un período relevante da súa actividade profesional no estranxeiro, de maneira que se promova o avance cara a un Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (SECTI) máis competitivo a nivel nacional e internacional e, desta forma, favorecer a circulación de coñecemento e persoal investigador excelente, incorporándoo de maneira estable, apoiando a súa carreira e estimulando a xeración e consolidación de equipos de investigación de primeiro nivel

Considérase investigador/a consolidado/a, de recoñecido prestixio internacional, a persoas que respondan a criterios tales como:

    • atoparse dentro do 10% de investigadores/as máis destacados na súa área de especialización a nivel global

    • ser investigador/a responsable dun proxecto activo do Consello Europeo de Investigación (ERC) 

    • posuír o nivel máis alto da carreira académica/investigadora no país de orixe
      
    • ou dirixir como IP un número significativo de proxectos de investigación en convocatorias competitivas, xa sexan nacionais de calquera país ou internacionais, realizando ao longo da súa carreira contribucións de gran relevancia e impacto na súa área de especialización.

A contía máxima destinada a financiar esta convocatoria é de 40.000.000,00 de euros.


O prazo de presentación das solicitudes é dende o 24 de abril ata o 5 de xuño de 2025 as 14:00 horas( hora peninsular)

No lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución ,ao extracto da resolución e as fichas resumo da convocatoria.​


Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.