O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), axencia pública dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, vén de lanzar a convocatoria INNTERCONECTA STEP 2025, cun orzamento total de 90 millóns de euros en subvencións a proxectos de I+D en cooperación empresarial.
O obxectivo da convocatoria é impulsar a competitividade da industria española mediante o desenvolvemento de tecnoloxías estratéxicas e disruptivas, enmarcadas nos ámbitos STEP (Strategic Technologies for Europe Platform):
• tecnoloxías dixitais
• tecnoloxías limpas e eficientes
• biotecnoloxía.
A convocatoria está destinada a proxectos liderados por empresas, en colaboración con organismos de investigación, que se desenvolvan en polo menos dúas das seguintes comunidades ou cidades autónomas: Andalucía, Canarias, Castela-A Mancha, Castela e León, Ceuta, Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia, Melilla e Murcia.
Características principais:
• Proxectos plurianuais con inicio en 2025 e finalización ata o 31/12/2027 ou 30/06/2028.
• Orzamento entre 1 e 4 millóns de euros por proxecto.
• Subcontratación mínima do 10 % a organismos de investigación.
• Agrupacións de 2 a 6 empresas (mínimo unha pemes e dúas empresas autónomas entre si).
• Presuposto mínimo por empresa: 175.000 €.
• Prazo de solicitude: do 11 de abril ao 19 de maio de 2025 (ata as 12:00 h).
Como novidade, aquelas propostas que obteñan avaliación técnica positiva pero non poidan ser financiadas por esgotamento do orzamento poderán acceder directamente ao instrumento Axuda Parcialmente Reembolsable (APR) do CDTI, sen necesidade de presentar unha nova proposta.
Máis información e bases da convocatoria: