No
B.O.E. de data 1
de agosto
do
2026
publicouse o
Extracto
da Resolución de 30
de xullo
da
Dirección do Instituto de Saúde Carlos III, O.A., M.P., pola que
se aproba a convocatoria para o ano 2026 de concesión de subvencións
para o mantemento da Infraestrutura de Medicina de Precisión
asociada á Ciencia e Tecnoloxía (IMPaCT) da Acción Estratéxica en
Saúde (Liñas Estratéxicas de Investigación en Saúde 2024-2027).
O
texto completo pódese
consultar
na Base de
Datos
Nacional de Subvencións, con identificador BDNS : 922602
O
obxecto desta resolución é a aprobación da convocatoria de
concesión de subvencións dirixida ao mantemento e a implementación
dos tres programas desenvolvidos e vinculados á Infraestrutura de
Medicina de Precisión asociada á Ciencia e Tecnoloxía (en diante,
IMPaCT). Estes programas están deseñados para potenciar a xeración
e transferencia de coñecemento da máis alta calidade no Sistema
Nacional de Saúde, asegurando a excelencia científicotécnica, a
equidade e a eficiencia na utilización dos recursos dispoñibles.
Con
esta actuación preténdese:
a)
Manter e implementar a infraestrutura IMPaCT configurada a partir de
tres eixos:
Cohorte,
Data e Xenómica. IMPaCT ten como misión establecer e
trasladar o coñecemento necesario que sustente e facilite o
despregamento efectivo da Medicina Personalizada
de Precisión, que supón un cambio de paradigma e un reto na
implementación dunha abordaxe preventiva, diagnóstico e terapéutico
personalizado, máis
eficaz e seguro para cada paciente
b)
Xerar unha capacidade de análise inmediata de datos obtidos que
permita unha resposta coordinada e inmediata para facilitar unha
análise de vida real especialmente útil
ante calquera urxencia científica que afecte á Saúde Pública.
c)
Orientar a investigación cara aos problemas de saúde a través da
implementación real
da Medicina de Precisión no SNS.
d)
Potenciar a participación e liderado de España en proxectos,
programas, plataformas e infraestruturas internacionais de I+D+i
orientadas á Medicina de Precisión e a Ciencia de Datos.
e)
Fomentar a innovación orientada á implementación da Medicina de
Precisión como instrumento que contribúe á sustentabilidade e
eficiencia do SNS.
As
propostas que se presenten a esta convocatoria deberán
encadrarse nun dos seguintes programas, tal e como se indica no plan
estratéxico de IMPaCT:
a)
Medicina Preditiva: aborda o deseño e establecemento dunha
cohorte de base poboacional representativa da poboación residente en
España, a súa variabilidade étnica, diversidade xeográfica e
ambiental, coa participación de todas as CC.AA. e seguimento
prospectivo
b)
Ciencia de Datos: oriéntase ao desenvolvemento e validación
dunha contorna de integración e análise conxunta de datos clínicos,
moleculares e xenéticos, facilitando o acceso e análise da
información xenómica.
c)
Medicina Xenómica: promove o establecemento dunha
infraestrutura cooperativa
distribuída
en varios nodos para a realización de estudos xenéticos de alta
complexidade baseado en tecnoloxías do ámbito da investigación.
A
contía total máxima de esta convocatoria é de 50.000.000,00 de
euros.
O
prazo de presentación de solicitudes é dende o 8 de
setembro ata o 29 de
setembro de 2026 ás 15
horas( hora peninsular española).
No
lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución ,ao extracto da
resolución e as fichas resumo da convocatoria.