Efectividade e seguridade da faloplastia como cirurxía xenital masculinizante: unha revisión sistemática

​A avaliación da faloplastia como cirurxía xenital masculinizante en persoas con disforia de xénero (muller a home) encotrou que é un procedemento altamente individualizado o que implica que teña unha gran variabilidade dificultando a síntese dos resultados. A calidade da evidencia localizada foi moi baixa polo que a fiabilidade da súa efectivade e seguridade é moi incerta. Ao non atopar estudios comparativos, non foi posible determinar se o balance risco-beneficio resulta a favor ou en contra da intervención fronte ás posibles alternativas (cirúrxicas ou médicas).

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.