Ablación por radiofrecuencia en el tratamiento del esófago de Barrett con displasia de alto grado/carcinoma intramucoso: Revisión sistemática.

Dentro do plan de traballo 2015 da "Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías Sanitarias y Prestaciones del Servicio Nacional de Salud (SNS)", avalia-t publica este informe que ten como obxectivo avaliar a eficacia, efectividade e seguridade da ablación por radiofrecuencia (con ou sen resección endoscópica da mucosa) como técnica de tratamento do esófago de Barrett con displasia de alto grao/ carcinoma intramucoso. As técnicas endoscópicas, entre as que se atopa a ablación por radiofrecuencia, xurdiron como unha alternativa ao tratamento estándar con cirurxía desta patoloxía, coñecida pola súa potencial progresión a adenocarcinoma de esófago

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.