- O proxecto conta cun orzamento de máis de 1,3 millóns de euros a través da iniciativa POCTEP Interreg España – Portugal e 3 anos de duración.
A Coruña, 30 de xuño 2026.- O proxecto Exocare, unha iniciativa de colaboración entre España e Portugal, nace para abordar un dos problemas menos visibles dentro do sistema de coidados: as lesións físicas que sofren os coidadores, aqueles que dedican a súa vida profesional ao movemento e coidado de persoas dependentes.
O proxecto, liderado pola Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC), reúne un consorcio de entidades gallegas e portuguesas para estudar a situación eurorrexional, desenvolver programas de formación específicos e validar solucións tecnolóxicas —en particular exoesqueletos— adaptadas ao entorno asistencial.
Ao acto de presentación asistiron o director da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, en representación do Servizo Galego de Saúde, e o director da área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, José María Romero, en representación da Axencia Galega de Atención Sanitaria (ACIS).
Ademáis da Erlac, o proxecto está liderado por un equipo multidisciplinar que abrangue desde a investigación universitaria ata a xestión hospitalaria directa. Pola parte gallega, o desenvolvemento conta co apoio tecnolóxico do Campus Industrial de Ferrol (UDC) e a participación institucional da Consellería de Sanidade e Política Social e Igualdade, coa participación do Sergas e a ACIS. A eles únese, como asociado, o Clúster Saúde de Galicia.
Na parte portuguesa do proxecto, a colaboración de desenvolvemento inclúe a Universidade do Minho, a Unidade Local de Saúde do Alto Ave, a Santa Casa da Misericórdia de Riba de Ave e a Associaçao Laboratório Colaborativo em Transformaçao Digital.