A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) participa en Umea (Suecia) na reunión do consorcio do proxecto HERCULES para a compartición de boas prácticas no eido da innovación dende a demanda dos servizos públicos de saúde


  • ​Trátase dun proxecto coordinado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), dentro do espazo Interreg Europe, centrado na medicina personalizada que fomenta un envellecemento activo e saudable da poboación.
  • O proxecto conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros e 7 rexións socias, e catro anos e medio de duración.

Umea (Suecia), 12 de marzo de 2026.- Os socios do proxecto HERCULES, coordinado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), reuníronse na cidade de Umea en Suecia no que xa é o cuarto evento interrrexional de aprendizaxe a compartición de boas prácticas no eido da innovación sanitaria.

A rexión sueca de Västerbotten foron os anfitrións dunha xornada que comezou o 10 de marzo e tres días de duración onde aproveitaron as dinámicas de intercambio de coñecemento con visitas e encontros con stakeholders relevantes da rexión para presentar as súas mellores prácticas no eido da innovación sanitaria dende a demanda. Por parte da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, en calidade ademais de coordinadores do proxecto, participaron o Director da área de Desenvolvemento e Innovación sanitaria, José María Romero e as xestoras do proxecto Andrea Fernández e por parte dos traballos de comunicación Renata Jorge.

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde como líder do proxecto, conta coa colaboración e participación de diversos socios europeos para alcanzar as metas propostas de ata 6 países: Universidade de Twente (Países Baixos), Fondo de Desenvolvemento Rexional de Ática (Grecia), Municipio de Aarhus (Dinamarca), Rexión Västerbotten (Suecia), Rexión Emilia – Romaña (Italia), e Hospital St Jadwiga de Silesia en Trzebnica (Polonia).

O proxecto HERCULES pretende desenvolver un plan estratéxico a nivel europeo para o despregamento na contorna sanitaria de solucións que aborden esta temática, baseado nunha análise das vulnerabilidades, recursos e capacidades das rexións implicadas. Buscarase a participación de tódolos axentes da quíntupla hélice (cidadáns, autoridades rexionais, empresas, inversores e academia).

No caso de Galicia, o Director da área de Innovación Sanitaria da ACIS, José María Romero, puido relatar a experiencia do Servizo Galego de Saúde en Compra Pública Innovadora, unha ferramenta principal para promover a innovación dende a demanda no sector saúde en Galicia como investimentos superiores aos 120 millóns de euros executados e proxectos en execución como REHEAL un proxecto de compra pública precomercial no ámbito das cadeas de subministro sostible con máis de 7 millóns de euros de orzamento ou o Plan de innovación sanitaria en medicina 5P PRECISAÚDE cun orzamento de 20 millóns de euros en eidos como oncoloxía, saúde mental, obesidade, simulación, xenómica ou terapias avanzadas. Toda esta experiencia foi recoñecida en 2021 como gañadores dos I premios de Compra Pública de Innovación a nivel europeo outorgado polo Consello Europeo de Innovación (EIC).
Contidos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.