Seguridad y efectividad de los stents biorreabsorbibles (Bioresorvable Vascular Scaffold, BVS) en el tratamiento de la cardiopatía isquémica debida a lesiones coronarias de novo.

Este documento realizouse ao amparo do convenio de colaboración suscrito po lo Instituto de Salud Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Economía e Competitividade e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no marco de desenrrolo de actividades da Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS, financiadas por el Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad

​A cardiopatía isquémica (CI) encóntrase dentro das cinco principais causas de éxitus en España, cunha taxa de mortalidade en torno aos 75 falecementos por 100 000 habitantes.

Actualmente o principal tratamento das lesións coronarias de novo é a intervención coronaria percutánea (ICP) mediante stents metálicos ou liberadores de fármacos.

No 2011 a media ICP en España foi de 1373/106 habitantes. Recentemente, xurdiu unha nova xeración de stents biorreabsorbibles (Bioresorbable Vascular Scaffold, BVS) como complemento ou alternativa aos stents metálicos liberadores de fármacos, co propósito de proporcionar soporte ao vaso durante polo menos 2 anos (período de reabsorción) sen as potenciais limitacións a longo prazo que supón a existencia dunha estrutura metálica permanente.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.