Decreto 25/2025, do 7 de abril, polo que se crea a Rede de nodos de innovación sanitaria e se establece a súa composición, organización e funcións

O decreto crea formalmente a Rede de nodos de innovación sanitaria e establece a súa composición, organización e funcións. Esta rede, estruturada en sete nodos correspondentes a cada área sanitaria do Servizo Galego de Saúde e un nodo central encargado da coordinación, ten o obxectivo de fomentar o desenvolvemento de solucións innovadoras que melloren a asistencia e a calidade de vida dos pacientes.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.