Cres que o “sempre se fixo así” non é sinónimo de “é a mellor maneira de facelo”?, consideras que os procesos se poden simplificar para ser máis áxiles e resolutivos?, paréceche que hai fórmulas para mellorar a calidade dun servizo sanitario reducindo custos ao mesmo tempo?, ocórreseche a maneira de mellorar a comunicación entre os profesionais e os usuarios?, tes ideas prácticas para facilitar a atención aos pacientes nos seus fogares?
Se es un
profesional do Sergas, un docente, un coidador, unha empresa ou entidade colaboradora e respondiches que si a algunha destas cuestións ou tes unha idea que consideres igual de útil, ACIS anímate a
participar na Plataforma de Innovación Sanitaria.
Necesidades asistenciais
- Ferramentas de formación e avaliación.
- Integración asistencial entre niveis. Desenvolvemento de programas asistenciais integrados.
- Modelos de xestión de enfermidades crónicas. Pacientes pluripatolóxicos e oncolóxicos.
- Modelos de atención a colectivos específicos (anciáns, mulleres, nenos e saúde mental).
- Procesos de alta resolución.
- Procesos de atención domiciliaria e alta hospitalaria precoz.
- Servizos non presenciais. Mellora da accesibilidade dos cidadáns. Servizos multicanal.
- Programas de prevención e promoción da saúde.
- Modelos de atención sociosanitaria.
- Coidados paliativos.
- Implantación de sistemas de xestión da calidade.
- Sistemas de mellora da prescrición.
Necesidades de xestión do persoal
- Ferramentas de formación e avaliación.
- Ferramentas de xestión do coñecemento.
- Ferramentas de comunicación entre profesionais, difusión de información, interacción e participación.
Necesidades de sistemas de información
Dotación do profesional de ferramentas que aumenten a súa capacitación e rendemento.
Necesidades de xestión de recursos
- Alternativas á hospitalización.
- Diagnóstico por imaxe en rede.
- Plans de austeridade, identificadores de gasto.
Relación con axentes implicados no crecemento do sector sanitario
- Ferramentas de protección e transferencia de resultados de investigación.
- Sistemas de valorización de resultados de investigación.
- Implicación do sector privado.
- Creación de espazos de innovación, puntos de encontro entre axentes internos e externos.
- Creación do Clúster de Saúde de Galicia.
- Establecemento de canais de internacionalización.
Outras necesidades
- Demora no diagnóstico de doenzas graves.
- Demora nas intervencións cirúrxicas.
- Gasto farmacéutico.
- Demora na realización de probas.
- Tratamento humanizado.
Prioridades sanitarias
- Cardiopatía isquémica.
- Cancro de pulmón.
- Ictus / ECV.
- Diabetes Mellitus.
- Depresión / Trastorno de ansiedade.
- EPOC.
- Cancro de colon.
- Cancro de mama feminino.
Determinantes da aparición de enfermidades asociadas aos estilos de vida
- Tabaco.
- Sedentarismo.
- Diabetes.
- Obesidade.
- Contaminación ambiental.
Problemas prioritarios de dereitos e procesos
- Demora en consultas externas.
- Demora para probas diagnósticas en consultas externas.
- Tempo de demora para o ingreso non urxente.
- Ambulatorización con cirurxía maior ambulatoria.
- Estadía media en centros públicos.
- Sistemas de información para profesionais sanitarios.
- Extensión do aseguramento público aos residentes en Galicia.
- Información sobre dereitos, deberes e prestacións na Seguridade Social.
- Taxa de cesáreas.