Premios Nacionais de Investigación e Premios Nacionais de Investigación para Xóvenes 2023

O Ministerio de Ciencia e Innovación publicou a convocatoria de 2023 que inclúe as dez modalidades tradicionais dos Premios Nacionais de Investigación e as dez dos Premios Nacionais de Investigación para Xóvenes, cuxo prazo de presentación de solicitudes abarca do 26 de maio ao 20 de xuño de 2023.

Estes galardóns comprenden distintas áreas de investigación e constitúen o recoñecemento mais importante de España no ámbito da investigación científica, e están dotados con 30.000 euros por modalidade (un total de 600.000 euros).

Por unha banda, os Premios Nacionais de Investigación distinguen a investigadoras e investigadores nacionais cuxo labor é de relevancia internacional, e que excepcionalmente contribúen ao avance da ciencia, ​ao mellor coñecemento do ser humano e súa convivencia, á transferencia de tecnoloxía e ao progreso da humanidade. 

Por outro banda, os Premios Nacionais de Investigación para Xóvenes, recoñecen o traballo excelente realizado de persoas investigadoras de España cunha idade máxima de 40 anos, que haxan alcanzado logros relevantes nos primeiros pasos das súas carreiras profesionais.​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.