Hai dous motivos polos que aínda non che aparezan os cursos realizados no teu expediente electrónico. Velaquí os tes: 1ª) Ás veces, a Comisión de Acreditación tarda en comunicar o número de créditos que lles outorga ás actividades formativas. Non podemos subirche os certificados ao FIDES ata que estean completos, incluídos os créditos. Neste caso é cuestión de tempo que che apareza. 2ª) Que non che corresponda o certificado: se é un curso presencial, se cadra non fuches todos os días ou, se había algún exame obrigatorio, non o aprobaches. Se é un curso de teleformación, se cadra non realizaches todas as tarefas obrigatorias. Se tes calquera dúbida, contacta connosco, estaremos encantados de informarte.