Xornada online informativa sobre os diferentes instrumentos de financiación e soporte ao emprendimento que ten dispoñibles EIT Health en 2022.
Martes 15 febreiro | 12:00h | online
Inscrición previa: Rexístrate!
AXENDA
12:00 - 12:15 Benvida - Antonio Fernández-Campa (Xerente ACIS)
12:15 - 13:00 Convocatoria para emprendedores EIT Health 2022 - Joan Grasas (EIT Health Spain)
13:00 - 13:15 Experiencia con EIT Health - Pablo Campos (Onira Research)
13:15 - 13:30 Preguntas e peche da xornada
A QUEN VAI DIRIXIDA ESTA XORNADA?
A emprendedores e startups con solucións para o sector saúde (medtech, biotech, digital health) que teñan interese en coñecer instrumentos de financiamento e soporte ao emprendemento.
EIT HEALTH, UNHA NOVA COMUNIDADE DE COÑECEMENTO E INNOVACIÓN EN SAÚDE
A Unión Europea, a través do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) busca integrar as tres vertentes do coñecemento en saúde -formación, investigación e innovación-. A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) é socio de EIT Health.