EMPATTICS (EMpowering PAtients for a beTTer Information and improvement of the Communication Systems)
Esta iniciativa ten como obxectivo incrementar a concienciación e o coñecemento sobre a adherencia terapéutica así como a información para o autocoidado dos pacientes. Por medio desta iniciativa perséguese o desenvolvemento de tecnoloxías, a través de mecanismos de compra pública precomercial, para incrementar a adherencia aos tratamentos, facilitar a xestión e o autocoidado dos pacientes, potenciando as ferramentas que axuden aos enfermos para desenvolver actitudes máis saudables, e ademais, mellorando a comunicación entre os pacientes e os profesionais da saúde.
Socios compradores:
- Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), Galicia (España)
- Region Midtjylland (Dinamarca)
- Servicio Aragonés de Salud (SALUD), España
- Service Numérique de Santé (SESAN), París (Francia)
Outros socios:
- Kokomo, Healthcare consultancy, Dublin (Irlanda)
- European Health Futures Forum (EHFF), Reino Unido
- M&CSaatchi Madrid (España)
Orzamento total: 5 Millóns EUR