O
Instituto de Saúde Carlos III publicou a convocatoria de
Investigación e Innovacion Responsable en Saude (RRI) para o ano
2022. Esta convocatoria ten como obxectivo
promover a identificación, recoñecemento e difusión de boas
prácticas de RRI en saúde desenvoltas nos IIS acreditados polo
ISCIII, fomentando ao mesmo tempo unha aprendizaxe compartida que
mellore a implementación dos principios de RRI nas actividades dos
IIS e favoreza a diseminación de boas prácticas.
A
RRI persegue fomentar a participación activa das persoas na ciencia
e a innovación desde as fases máis temperás dos proxectos de
investigación, para que os resultados obtidos estean o máis
aliñados posible coas necesidades sociais.
Non só busca impulsar a participación cidadá, senón que tamén
avoga polo acceso aberto á ciencia, a igualdade de xénero, a
educación científica, a gobernanza e a ética.
Na
convocatoria seleccionaranse un total de tres candidaturas,
as
mellor valoradas por unha comisión independente.
Cada IIS poderá presentar un máximo de tres solicitudes e estará
aberta a todos os acreditados e ao seu persoal asignado en relación
coa acción en RRI presentada.
As
propostas deberán incluír un formulario de solicitude, a memoria do
proxecto, un vídeo descritivo sobre a actividade levada a cabo no
proxecto, cuxo ligazón se integrará na memoria, e unha declaración
de consentimento informado, cesión dos dereitos de propiedade
intelectual e aceptación dos termos e condicións do concurso.
O
prazo para a recepción de propostas ábrese dende
o
7 de setembro ata
o
22 do
mesmo
mes. Os
criterios que se valorarán para a concesión dos premios serán a
excelencia, o impacto e a implantación de cada unha das accións
presentadas.
No
lateral dereito dispoñedes dun acceso a convocatoria e unha guía de
instruccions.