Convocatoria de Axudas de Investigación en Saúde (Health Research) 2024 da Fundación “laCaixa”

Da man da Fundación “la Caixa” iniciase a sétima edición da convocatoria de axudas de Investigación en Saúde -Health Research- 2024 para proxectos de investigación en biomedicina e saúde e que ten carácter internacional. O peche automático da convocatoria terá lugar o 16 de novembro de 2023 (ás 14h CET).

O obxectivo é identificar e impulsar as iniciativas máis prometedoras de excelencia científica e de valor potencial e impacto social, tanto en investigación básica como en clínica ou traslacional. 

As áreas temáticas nas que se enmarcaran estes proxectos deben ser as de neurociencias, oncoloxía, enfermidades cardiovasculares e metabólicas relacionadas, enfermidades infecciosas e tecnoloxías facilitadoras das catro áreas temáticas anteriores.

Os solicitantes poden ser:
- Organizacións solicitantes (Host Organizations, HO).
- Organizacións de investigación (Research Performing Organizations, RPO).
- Organizacións da sociedade civil. (Civil Society Organizations, CSO).

En canto a dotación económica e as propostas do proxecto:
As propostas do proxecto deben ter unha duración de ata tres anos de execución e poden ser individuais ou en consorcio de investigación. 

  • Proxectos individuais: presentadas por unha única organización de investigación (organización solicitante) e poden recibir unha contía máxima de 500.000 euros.
  • Proxectos en consorcio de investigación: presentadas por un mínimo de 2 e un máximo de 5 organizacións de investigación, coordinadas pola organización solicitante. A contía máxima é de 1.000.000 euros.

Tendo isto en conta, poderase conceder unha axuda global de ata 21.000.000 de euros a distribuír entre todas as áreas temáticas.

A continuación dispoñedes dun pequeno vídeo-resumo e no lateral dereito daquelas ligazóns ou documentos que resulten de interese.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.