Convocatoria de Axudas a Proxectos de colaboración público-privada 2023 – AEI


No BOE do 28 de decembro de 2023 publicouse o extracto da Orde pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2023, de axudas a proxectos de colaboración público privada, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS: 731694 

O obxectivo desta convocatoria é financiar proxectos de desenvolvemento experimental en cooperación entre empresas e organismos de investigación, có fin de promover o desenvolvemento de novas tecnoloxías, a aplicación empresarial de novas ideas e técnicas e contribuir á creación de novos productos e servicios. 

A finalidade é avanzar na incorporación de coñecementos e resultados cientifico-técnicos que permitan a validación e o desenvolvemento precompetitivo de novas tecnoloxías, productos e servicios, creando o contexto adecuado que estimule a xeración dunha masa crítica en I+D+i de carácter interdisciplinar para a súa aplicación, transferencia, búsqueda de solucións e xeración de resultados tanto nas traxectorias tecnolóxicas e de innovación das empresas como no mercado. Asi mesmo, con estes proxectos pretende movilizar inversión privada, xerar emprego e mellorar a balanza tecnolóxica do pais, así como reforzar a capacidade de liderazgo internacional do sistema Español de Ciencia Tecnoloxía e Innovación e dos seus axentes, contribuindo a mellorar a competitividade do tecido empresarial. 

A contía destinada a estas axudas ascende a 320.000.000,00 €.

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día 30 de xaneiro de 2024 ata o día 20 de febreiro de 2024 ás 14:00 horas (hora peninsular galega),  a través da sede electrónica do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. 

A continuación dispoñedes dun pequeno vídeo-resumo e no lateral dereito daquelas ligazóns ou documentos que resulten de interese.  
 
 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.