Convocatoria Equipamento Científico-Técnico 2024


Publicouse no Boletín Oficial do Estado o extracto da Orde da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2024 do procedemento para a concesión de axudas para a adquisición de equipamento científico–técnico, correspondentes ao Subprograma Estatal de Infraestruturas e de Equipamento Científico-Técnico do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023. O texto completo pode consultarse na base de datos nacional de subvencións co identificador BDNS: 749748

As axudas obxecto desta convocatoria están destinadas ao desenvolvemento, mantemento e investimento en infraestruturas científicas e tecnolóxicas que contribúan a crear un ecosistema de I+D+i internacionalmente competitivo.

A finalidade da convocatoria é prover de equipamento científico-técnico aos servizos comúns de investigación das entidades, dotándoos de equipos de última xeración, favorecendo con iso a súa xestión especializada e eficiente, así como a expansión do uso e o acceso xeneralizado aos devanditos servizos comúns por parte dos grupos de investigación.

A contía total máxima das axudas ascende a 224.000.000 €,

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de abril ata o 7 de maio de 2024 ás 14:00 (hora galega).

No lateral dereito dispoñedes da convocatoria, o extracto da convocatoria e as fichas resumo​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.