Test del Hidrógeno en el aliento y otras alternativas diagnósticas para la intolerancia a la lactosa.

Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia. 2017.

A intolerancia á lactosa vén determinada pola falta do enzima lactasa que se encarga de hidrolizar a lactosa nos seus compoñentes monosacáridos para a súa rápida absorción no intestino delgado. A causa máis frecuente, ou primaria, da malabsorción é a non persistencia da lactasa tamén coñecida como hipolactasia de tipo adulto, e as causas secundarias débense a enfermidades da mucosa do intestino delgado, como a enfermidade celíaca, gastroenterite, enfermidade de Crohn, etc. que poden levar unha intolerancia transitoria da lactasa. A prevalencia da hipolactasia é elevada e depende da área xeográfica, con porcentaxes do 5% no noroeste de Europa ata case o 100% nalgúns países asiáticos.

Hoxe en día están dispoñibles diferentes test ou probas para detectar a deficiencia da lactasa. Con todo, no referente ao diagnóstico da intolerancia á lactosa en si, os test son menos definitivos e requírese a avaliación coincidente de mala dixestión da lactosa e a existencia de síntomas gastrointestinales.

Os obxectivos deste informe consisten en localizar a evidencia científica sobre a sensibilidade e especificidade, uso, indicacións, efectos adversos e custos do test do H2 no alento e outras alternativas para o diagnóstico da intolerancia á lactosa.​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.